Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela revive a Batalla de Rande

RR_Noticias

Os combatentes tiveron que loitar contra os elementos nunha tarde de domingo marcada polo mal tempo e as chuvias que, con todo, non impediron que se celebrase un adianto do que será a representación forte da Batalla de Rande prevista para o vindeiro sábado día 19 nas inmediacións do Meirande. Este domingo era o casco urbano o escenario elixido para revivir a marcha das tropas que escoltaron en carros de bois os tesouros de Indias tras seren descargados dos galeóns.

Unha pequena escenificación que contou coa participación de trinta actores afeccionados baixo a dirección da compañía Kepler, encargados tamén de preparar o que será a representación do sábado e que contará xa con 60 participantes para recrear o combate naval de 1702 que enfrontou ás escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa.
As actividades arrancarán ás 11:00 hora coa apertura do mercado que contará con 22 postos nos que se ofertarán comida e produtos artesanais. As once está prevista a chegada das embarcacións tradicionais que atracarán no peirao do Meirande e as 12:30 terá lugar o desfile inaugural. Durante a mañá haberá tamén unha representación infantil mentres que a teatralización central está prevista para as cinco da tarde coa obra “Os galeóns de Rande”.
Durante toda a tarde haberá obradoiros de pintacaras e tatuaxe, espectáculos a cargo de troula animación e unha representación naval da batalla con pirotecnia ás nove da noite.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará