Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recortes Cero-Grupo Verde presenta en Chapela a súa candidatura por Pontevedra

RR_Noticias

A Coalición Recortes Cero-Grupo Verde presenta este luns ás 18:00 horas na cafetería Enigma de Chapela (Avda. de Redondela, 35. En fronte do Centro de Saúde) a candidatura da Coalición en Pontevedra. Recortes Cero-Grupo Verde é a única candidatura que presenta, como xa fixo o pasado 28 de abril, 52 mulleres cabezas de lista ao Congreso dos Deputados. As listas ao Senado están encabezadas por profesionais da cultura e activistas destacados.

Ao acto de hoxe asistirán Pastora Fernández, Cabeza de lista para o Congreso e Carlos Vázquez, candidato ao Senado por Pontevedra que estarán acompañados por Manuel Sánchez, candidato numero dous da coalición, veciño de Chapela e por outros membros da candidatura e representantes de colectivos e organizacións que forman parte da Coalición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará