Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan os actos dos partidos de cara ao 10N

RR_Noticias

Malia que a campaña electoral será máis curta do habitual, as formacións políticas comezan o camiño cara a cita nas urnas con distintas reunións e actos no ámbito local. Os primeiros, Ciudadanos. A candidata ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, reuniuse cos empresarios redondeláns este mércores. Unha cita que lle serviu para coñecer as principais necesidades do sector en Redondela. Potenciar o turismo, a falta de chan industrial, a aprobación do PXOM ou a eliminación da peaxe en Rande, son algunhas das cuestións que o sector considera urxentes.

Coa finalidade de coñecer de primeira man as reivindicacións do sector empresarial en Redondela, a candidata da formación laranxa por Pontevedra, Beatriz Pino, reuniuse coa directiva da Asociación de Empresarios. Unha xuntanza na que se puxo de manifesto a necesidade de pór en valor o turismo e que este repercuta no comercio e hostalería local, tendo en conta a confluencia de tres rutas do Camiño de Santiago no municipio así como a súa riqueza paisaxística e natural. No ámbito urbanístico e empresarial, a Asociación trasladoulle a necesidade de liberalizar chan para a instalación de novas empresas en Redondela e a aprobación do PXOM, fundamental para poder ampliar o parque de vivendas. Pino comprometíase a levar estas reivindicacións até Madrid, se a formación revalida o seu escano o 10N, xunto á eliminar a peaxe en Rande “que non ten sentido nunha autoestrada que está máis que amortizada”. Un partido, que en Redondela conseguía 1.601 votos nas eleccións do 28 de abril, 350 máis que na cita de 2016.  

Candidata Ciudadanos Beatriz Pino
Necesidade de potenciar e pór en valor o turismo
Industria e vivenda
A falta de PXOM e chan industrial lastran o crecemento de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará