Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A colocación das luces de Nadal adiántase en Redondela

RR_Noticias

Comezou xa a colocación das luces de Nadal en practicamente todas as rotondas do concello cando aínda estamos a 9 de outubro. Os operarios da empresa Electro Miño levan xa días traballando para que toda a iluminación estea preparada para o seu acendido a finais de novembro, o que supón que se adiantará uns días respecto doutros anos cando se esperaba ao festivo da Constitución para dar o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal.

Sorpresa entre os veciños e numerosos comentarios nas redes logo de ver como malia estarmos aínda no inicio de outubro, os operarios están a traballar xa na colocación dos adornos de Nadal, para a que faltan dous meses. Dende o Concello queren así anticiparse para que toda a iluminación estea colocada a finais de novembro, data na que está previsto o seu acendido.
Explica a concelleira responsable de eventos, Marta Alonso, que unha vez colocadas as luces valorarán a posibilidade de incluír algúns cambios e melloras, iluminando zonas que ata o de agora non contaban con este tipo de decoración navideña. Respecto do adianto na colocación das luces aclara que “busca chegar con tempo á data prevista de acendido e responde a unha organización do traballo da empresa encargada do servizo, ElectroMiño, responsable tamén da iluminación noutras localidades”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará