Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un trailer atascado en Chapela tras fiarse do GPS

RR_Noticias

O camión que procedía de Málaga quedou atrancado no camiño do Penisal por confiar unha vez máis no sistema de navegación. O trailer quedou atascado nun camiño que presenta unha forte pendente e que é especialmente estreito nalgúns dos seus tramos, nos que o vehículo quedou finalmente encaixonado. Axentes da Policía Local axudaron ao condutor a realizar as manobras marchas atrás que lle permitiron saír da zona. Por outra banda, onte resultaba ferido leve o condutor dunha furgoneta nas inmediacións do campo de fútbol de Cabeiro.

Aparatoso accidente de tráfico o que tiña lugar na noite de onte na zona de Cabeiro, cunha furgoneta implicada que por causas que se descoñecen saíse da vía reusltado ferido leve o seu condutor e único ocupante que tivo que se excarcerado polos axentes da policía local. Unha vez liberado foi asistido por unha ambulancia do 061.
Con todo, nas últimas horas producíase outro incidente, neste caso sen danos persoais, logo de que un trailer, procedente de Málaga, que quería chegar ata a factoría de Pescanova en Chapela quedara encaixonado no camiño do Penisal en Chapela.
Os feitos producíanse na mañá de hoxe e segundo explicou o condutor do vehículo, o GPS indicoulle a posibilidade de baixar por este camiño que comunica a Avenida de Redondela, na zona do Instituto, coa Avenida de Vigo. Debido ao estreito do camiño, o vehículo de gran tonelaxe, quedou inmobilizado e o condutor incluso se viu imposibilitado a abrir a porta. Alertada a Policía Local, os axente desprazados ata o lugar explicáronlle que a única posibilidade era dar marcha atrás. Logo de varias manobras nas que a peor parte o levou o lateral do camión e o embrague do vehículo, o trailer puido saír do camiño e elixir unha ruta máis axeitada para chegar ao seu destino.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará