Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outubro, mes do piano en Redondela

RR_Noticias

O Concello de Redondela organiza o seu primeiro ciclo de piano co obxecto de poñer en valor o novo instrumento adquirido polo consistorio así como dar a coñecer a composición pianística galega. E faino cun programa dedicado nesta primeira edición ao compositor Marcial del Adalid e a súa dona, a poeta Fanny Garrido. Un programa de primeiro nivel que arranca este venres día 4 ás 19:30 horas cunha conferencia do compositor Juán Durán na Casa da Cultura e que inclúe catro concertos que se desenvolverán ao longo do mes no Multiúsos, todos eles de balde.

Un programa e repertorio de alta calidade e “nivel sobresaínte” que en palabras da alcaldesa, Digna Rivas, serve para amosar que “dende Concellos pequenos pódense organizar grandes ciclos”. Unha iniciativa que parte dende o Servizo de Normalización Lingúística e que busca dar a coñecer aos grandes compositores da música galega, “non sempre ben coñecidos nin debidamente recoñecidos polo público de Galicia”. Neste sentido, a figura que inaugurará esta primeira edición é Marcial del Adalid, un dos pioneiros na introdución do romanticismo musical en Galicia e no resto de España. A primeira das actividades afondará precisamente na súa figura cunha conferencia este venres a cargo do compositor Juan Durán na Casa da Cultura co título “Marcial del Adalid. O iniciador do sinfonismo galego”. O Dúo Scaramouche, formado por Javier Ares e Jorge Briones, presentarase ao público o día 18 de outubro da man de Luís Costa. O programa que presenta este dúo está integramente dedicado a Adalid. Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo, presentados por Laura Touriñán, ofrecerán un concerto o día 20 de outubro. Alejo é un pianista nado en Redondela e un dos principais investigadores e intérpretes da historia pianística de Galicia. Susana de Lorenzo é soprano lírica. Interpretarán pezas do álbum Cantares vellos e novos de Galicia de Adalid. Pola súa banda, Laura Touriñán é investigadora e docente da Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza unha tese sobre Adalid. O 25 de outubro o público poderá gozar dun concerto da pianista Paula Ríos, presentada por Carolina Queipo, no Conservatorio Municipal. Centrará o seu repertorio en Adalid, Bellini, Clara Wieck-Schumann e Fanny Mendelssohn e pechará este programa Antonio Queija o 26 de outubro. Un concerto presentado por Margarita Viso no que o cubano Antonio Queija, de orixe galega,  presentará un repertorio con pezas de Xoán Montes, Pascual Veiga, Baldomir e do propio Adalid. Por último, durante todo o mes de outubro, de martes a xoves, o piano estará a disposición do alumnado do Conservatorio de Redondela, que poderá interpretar alí obras de Adalid traballadas durante o pasado e o presente curso académico, tal e como explicaba a directora do Conservatorio Elisa Arias. Pola súa banda, as escolas públicas de Redondela recibirán un taller de Musicología a cargo de Xullo Alonso, profesor asociado á Universidade de Vigo e no Conservatorio Superior de Música de Vigo. O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, salientaba o nivel dos conferenciantes e artistas que participan deste I ciclo de piano ao tempo que animaba aos veciños a achegarse a exposición que durante todo o mes se pode visitar na entrada do Multiúsos dedicada a Adalid e Fanny Garrido, con documentación e obxectos de época.  

Digna Rivas alcaldesa
Unha exposición para poñer en valor o piano e dar a coñecer figuras relevantes da música galega
Ciclo de alto nivel
Con conferenciantes e músicos de alta calidade
Daniel Boullosa Concelleiro Cultura
Anima a coñecer a exposición ás portas do Multiúsos
Elisa Arias Conservatorio Victor Ureña
O alumnado particpará traballando a figura e a música de Adalid
Xurxo Martínez Normalización Lingüística
Falaba dos concertos que se van desenvolver durante este mes de outubro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará