Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de reciclaxe doméstica e entrega de composteiros

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente abre o prazo para se inscribir nunhas charlas sobre compostaxe doméstica nas que os participantes recibirán un composteiro individual. Os obradoiros comezarán o luns 30 ás 20:00 horas e continuarán ao longo do mes de outubro en horario de mañá e tarde para facilitar a asistencia da veciñanza.

O concello de Redondela recibiu cerca de 160 unidades de composteiros do plan Revitaliza co obxecto de dar un novo impulso á compostaxe caseira diminuindo así a cantidade de lixo orgánico que acaba nos colectores. Dende o departamento de Medioambiente encárganse de proporcionar á veciñanza a formación necesaria para o seu uso así como a realizar o seguimento dos composteiros repartidos, con visitas aos domicilios que dispoñan destas unidades, durante o ano posterior a súa entrega.
As persoas interesadas en recibir un destes composteiros deberán estar empadroados en Redondela e inscribirse previamente no Concello a través do formulario que se pode descargar da páxina web www.redondela.gal
As charlas impartiranse o 30 de setembro e 8 de outubro ás 20:00 horas e os días 4 e 10 de outubro ás 11:00 horas, todas elas no Multiúsos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará