Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocan unha concentración contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela

RR_Noticias

A mobilización terá lugar hoxe luns ás 18:00 horas ás portas do local que está a ser reformado para albergar un salón de xogos no que se prevé instalar un mini casino, un bar e un despacho de todo tipo de apostas.  A Coordinadora veciñal creada logo de coñecerse a intención de instalar este negocio en Redondela anima a veciños e veciñas a participar da concentración que terá lugar na Rúa Ernestina Otero.

Unha coordinadora conformada por veciños a título particular así como por Anpas e colectivos sociais que amosan a súa preocupación ante a problemática que leva aparellada este tipo de negocios que, insisten, buscan instalarse en zonas especialmente vulnerables “neste caso ao carón dos centros educativos e as instalacións deportivas da Marisma, moi empregadas pola xuventude, un grupo especialmente fráxil en canto á adicción ao xogo”. Ademais desta concentración que busca “amosar o rexeitamento da veciñanza a esta instalación” demandan tamén dos grupos políticos que se posicionen publicamente neste tema.  

Irene Campelos Plataforma
Amosan a súa negativa a que se abra este negocio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará