Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela paraliza a instalación dun local de apostas por carecer de licenza

RR_Noticias

O Concello vén de comunicar á empresa Unión de Operadores Reunidos que deberá paralizar calquera tipo de obra que se estea a realizar no local situado na Avenida Ernestina Otero, 47 de cara a adaptalo a salón recreativo e de xogo, “en tanto non presente a solicitude de licenza de instalación da actividade con comunicación previa de obra”, segundo figura no informe emitido, a petición da Alcaldía, pola Técnica de Urbanismo do Concello.

Unha vez que a empresa reciba a comunicación do Concello, explica a alcaldesa Digna Rivas, “non poderá realizar ningún tipo de obra no local ata non dispoñer da documentación que se require, segundo a normativa municipal, a calquera negocio para poder desenvolver a súa actividade”.
Rivas asegura compartir “como alcaldesa e como nai a preocupación dos veciños e veciñas pola instalación deste tipo de locais” malia recoñecer que os concellos teñen “escaso marxe de manobra” unha vez que as empresas presenten toda a documentación que lle esixe a legalidade vixente para a posta en marcha do seu negocio, documentación que, apunta, “será estudada con minuciosidade por parte dos departamentos técnicos do Concello”.
A alcaldesa adiantou que en vindeiras datas manterá unha reunión coas ANPAS e a comunidade educativa dos diferentes centros escolares “para dar conta, polo miúdo, de toda a información que precisen sobre este tema”.
Rivas subliñou a necesidade de que por parte da Xunta de Galicia, se estableza “unha zona de exclusión para o funcionamento deste tipo de locais, de xeito que non poidan facelo nas inmediacións de centros escolares, parques infantís ou lugares onde habitualmente reúnase á mocidade”.
Lembramos que hoxe ás 20:00 horas o BNG convocou a colectivos e asociacións a unha reunión no seu local, na praza da Constitución, para abordar este tema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará