Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de manexo de maquinaria orientado a menores de 30 anos

RR_Noticias

A concellería de Xuventude xunto coa Xunta de Galicia convocan unha actividade formativa completamente de balde que arrancará o próximo 23 de setembro e que consistirá nun curso practico de manexo de equipos de traballo para o movemento de materiais e elevación de persoas. O curso impartirase de luns a xoves, conta cun total de 30 prazas orientado a mozos e mozas entre 16 e 30 anos de idades e inclúe un total de 50 horas lectivas.

O prazo de presentación vai do 9 o 17 de setembro e farase a través dos rexistros municipais, lugar no que se deberá presentar a documentación esixida xunto coa solicitude e a copia de DNI e certificado de empadroamento.
A acción busca que os participantes adquiran a práctica necesaria para o manexo de maquinaria utilizada no sector laboral do movemento de materiais (pontes-guindastre, plataformas e carretas elevadoras). Uns coñecementos técnicos que facilitarán aos que obteñan o diploma o acceso a un sector laboral con grande demanda de traballadores cualificados.
O listado de admitidos publicarase o día 19 de setembro no taboleiro do Concello e na paxina web.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará