Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os condutores de Redondela seguen apostando polo diésel

RR_Noticias

A intención do Goberno central e da UE é ir retirando do mercado os vehículos de combustión, aínda que de momento recuaron na prohibición de vendelos a partir do ano 2040. Con todo, os conductores de Redondela seguen apostando maioritariamente polos coches diésel. Moitos estarían dispostos a mercar un híbrido ou eléctrico “se houbese máis axudas públicas”.

O elevado prezo dos coches “limpos” fai que sexan “prohibitivos” para a maior parte da cidadanía. Moitos veciños con conciencia ecolóxica admiten que lles gustaría conducir un coche eléctrico ou híbrido, pero o seu elevado prezo impídello. Susana sinala que, de haber subvencións públicas que abaratasen o seu prezo, “sería unha boa opción”. As razóns para seguir ao volante dun coche de combustión non son só económicas. En xeral os condutores afirman que os coches eléctricos tampouco son viables a día de hoxe porque a súa autonomía “é moi limitada”, por iso non son unha opción válida para os que teñen que facer moitos quilómetros, como é o caso dos taxistas. Os puntos de recarga son escasos, xa que a día de hoxe hai moi poucas “electrolineiras”. No caso do taxi unha solición sería decantarse por un coche híbrido “se fose máis barato”, como explican Roberto e Alberto. Con todo, sinalan que neste caso tampouco se resolvería o problema dos combustibles fósiles, xa que en traxectos longos ou en altas velocidades “faise necesario o consumo de gasolina”. Ademais hai certa desconfianza entre a sociadade sobre os motivos que levan á administración a retirar os coches de combustión. Moitos conductores pensan que o gasóleo contamina menos que a gasolina, e rexeitan que os coches eléctricos sexan “100% limpos”. Juan apunta directamente ao problema que supoñen as baterías destes vehículos, “polos elementos contaminantes que se utilizan na súa fabricación”, e a dificultade de desfacerse delas para reciclalas “de xeito seguro”. O certo é que erradicar a contaminación totalmente semella “misión imposible”, como apunta Jesús. Este veciño advirte que os híbridos “tamén consumen gasolina”, os eléctricos funcionan cunha enerxía que se xenera “a través de procesos contaminantes”, e as baterías “están fabricadas con materiais que contaminan”. Esta incerteza entre os consumidores fai que as ventas de coches a particulares diminúan. No pasado mes de agosto baixaron nun 27%. E é que o cambio tecnolóxico do sector fai que moita xente non saiba se mercar un diésel, un eléctrico ecolóxico ou un híbrido. Con todo, desde concesionarios como Autos Paco, en Redondela, afirman que os particulares seguen apostando maioritariamente polos coches diésel.

Os coches limpos son moi caros
Susana apunta que un coche eléctrico ou híbrido sería unha boa opción sempre que o prezo non fora tan elevado.
Escasa autonomía
No caso de taxistas como Roberto e Alberto estas opción aínda non son viables. Os coches teñen pouca autonomía e os puntos de recarga son escasos.
Baterías contaminantes
Juan apunta que á larga as baterías dos coches eléctricos contaminarán máis que os combustibles.
Tecnoloxía aínda en proceso
Jesús advirte que os coches híbridos e eléctricos tamén contaminan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará