Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reúne máis de 250 persoas no xantar popular do partido

RR_Noticias

O ex alcalde Javier Bas, a voceira do partido en Redondela e deputada provincial Carmen Amoedo e a actual presidenta da xestora, Ana Alonso, xunto con outros representantes do partido a nivel provincial como o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, a deputada nacional, Ana Pastor, a deputada autonómica, Marián García, ou o deputado provincial, Alejandro Lorenzo asistiron a esta comida de convivencia celebrada o domingo á que asistiron máis de 250 afiliados e simpatizantes.

Os populares resaltaron a importancia do traballo en equipo, de estar a pé de rúa, escoitar aos veciños e veciñas e defender os seus intereses. Con esta convocatoria, o PP de Redondela dá por inaugurado o inicio do curso político, e xa avanzou que aínda que fará unha oposición “totalmente construtiva para que Redondela siga avanzando, non descoidarán a súa responsabilidade fiscalizadora e de control da xestión do Goberno local”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará