Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman máis de 20.000 € de IBI á asociación veciñal de Chapela por bens que non son seus

RR_Noticias

Desde o campo de fútbol da parroquia, ata leiras en Trasmañó e fincas con varios inmobles nunha zona de monte. En total son 35 as propiedades polas que a Oficina de Recadación lle reclama á Asociación de Veciños de Chapela o Imposto de Bens Inmobles. Aseguran que non pertencen ao colectivo, pero o seu primeiro recurso non foi aceptado.

Ángeles Méndez, secretaria e tesoureira da asociación advirte que se trata dunha “neglixencia” e que os bens que se lle atribuén non pertencen á asociación de veciños, que nin sequera ten un local propio. Méndez explica que lles reclaman as cantidades deste imposto dos últimos cinco anos. Na directiva da asociación foron coñecedores do problema en 2017, cando lles chegaron as primeiras reclamacións por parte do Catrastro. Unha vez informados no rexistro da propiedade foron coñecedores de que ata 35 propiedades constan co CIF da asociación veciñal, malia que aseguran que non son seus. Explica que en 2017 puxeron en coñecemento do anterior goberno local a situación, e os erros na identificación da propiedade deses bens, sen que o problema quedara resolto. Presentaron un recurso no catrastro, pero non foi aceptado. Méndez advirte que se trata dunha “neglixencia” e que reclamarán a documentación coa que esas propiedades se puxeron ao nome da asociación. Agora trasladaranse a Pontevedra para facer unha reclamación na oficina provincial.

AA.VV. Chapela Ángeles Méndez
Propiedades das que se reclama o IBI
Recurso no catastro
O colectivo veciñal xa presentou un recurso pero non foi aceptado
Neglixencia
Dende o colectivo veciñal reclamarán a documentación sobre as propiedades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará