Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco supera ao Rápido en Bouzas

RR_Noticias

O equipo redondelán sumou a primeira vitoria da temporada na segunda xornada de liga, e fíxoo nun renovado Baltasar Pujales. Peor sorte en fútbol sala para o Pazos de Borbén, que perdeu na eliminatoria de Copa Galicia ante o Gondomar. Tampouco o Balonmán Chapela conseguiu superar ao Frigoríficos na semifinal da Copa Galicia en Lalín.

Terceira División
Rápido de Bouzas 0-1 Choco
O equipo de “Gonza” levou a vitoria de Bouzas nun partido moi disputado. O céspede tampouco axudou, xa que o tapete estaba moi seco, o que impedía imprimir velocidade ao balón. A expulsión de Álex Rei logo do descanso por dobre amarela, e a entrada de Tomás Abelleira fixo mudar as cousas, ao capturar un pase atrás co que anotou o que sería o único gol do partido. Nos minutos que restaban para o final o Rápido tentou a igualada, pero o Choco conseguiu manter a superioridade no marcador. Os tres puntos levan ao equipo redondelán ao 6º posto na táboa. Na próxima xornada recibe en Redondela ao Polvorín, que é 8º cun punto menos que os de “Gonza”.
Rápido de Bouzas: Lorenzo; Juan, Pablo, Areal, Jesús (Mape, min. 71); Álex Castro, Óscar Fondevila (Nico, min. 67), Álex Rei, Yahvé; Firi (Carlos Pereira, min. 62) e Rubio.
Choco: Cortegoso; Mario (Alberto Suárez, min. 62), Yago (Vitra, min. 69), Aitor Cañedo, Jacobo Lazcano; Sergio Santos, Caloi, Monchito (Tomás Abelleira, min. 62); Félix, Adrián Rodríguez e Yerai.
Balonmán Copa Galicia

Frigoríficos do Morrazo 29-26 Rodosa Chapela
O Frigoríficos superou o sábado ao Chapela en Lalín nas semifinais, para proclamarse onte campión logo na final ante o Cisne. Os de Fran Teixeira obrigaron a traballar duro aos de Cangas, malia que militan nunha liga dúas categorías por riba dos de Chapela. O Frigoríficos xoga en Liga Asobal e o Chapela en Primeira Nacional. Os redondeláns saltaron á pista de Lalín sen nada que perder, e todo por gañar. E puxeron en problemas ao favorito durante algúns minutos, sobre todo cando Moyano deu minutos aos menos habituais, como é normal nun partido de pretemporada no que ademais cambian de adestrador. O Frigoríficos aguantou e clasificouse para a final do duelo, que gañou o domingo ante o Cisne.
Copa Galicia Fútbol Sala

Cereixa Gondomar 8-5 Pazos de Borbén
O equipo de Fran Amoedo deu a cara, malia as 7 baixas coas que viaxou a Gondomar, e competiu a bo nivel. As decisións arbitrais na primeira parte e os erros do equipo de Pazos permitiron ao Cereixa chegar ao descanso con 5-1 no marcador. Os de Pazos desperdiciaron varias ocasións e perderon a Luis por problemas musculares. Na segunda parte o equipo non baixou os brazos e traballou arreo para recortar distancias, pero a remontada non foi posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará