Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos cursos de formación e programas de emprego en Redondela

RR_Noticias

Os programas “Redondela Sostible” e “O teu primeiro emprego” póñense en marcha en Redondela. O primeiro ofrece formación para 16 desempregados con cursos de deseño gráfico e carpinetería. O segundo permitirá contratar a 3 persoas en prácticas como enxeñeiro técnico de obras, xestor deportivo e animador socicultural.

O Concello de Redondela recibiu xa a resolución pola que se lle concede unha nova subvención para realizar o Obradoiro de Emprego “Redondela Sostible”, dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Este Proxecto, cunha duración de 6 meses, estará integrado por un total de 16 alumnos/as traballadores/as, distribuidos nas especialidades formativas de carpintería e deseño gráfico. Para poder participar no proceso de selección os interesados/as deberán estar inscritos/as na Oficina de Emprego de Redondela correspondente.
Por outra banda o Concello de Redondela contratará a tres persoas nos próximos días grazas a subvención concedida pola Deputación Provincial, “O teu primeiro emprego”. As persoas escollidas a través do respectivo proceso de selección de persoal, prestarán servizos na modalidade de prácticas. Os postos de traballo a seleccionar son 1 enxeñeiro/a técnico de obras, 1 xestor/a deportivo e 1 animador/a socicultural. As persoas candidatas serán convocadas a través da Oficina de Emprego, pasando logo por un proceso selectivo de valoración de méritos. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica a subvención concedida pola Deputación “permitirá reforzar o traballo de áreas consideradas estratéxicas na labor municipal ademais de beneficiar as tres persoas seleccionadas que se iniciarán na súa vida profesional”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará