Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atrasos de ata 15 días para as consultas médicas polo colpaso nos centros de saúde de Redondela

RR_Noticias

O BNG de Redondela denuncia a situación da Atención Primaria no municipio, que cualifica de “calamitosa”. Dende a organización nacionalista teñen recollido numerosas incidencias nas últimas semanas. Advirten que a precaria situación da sanidade pública agrávase nos meses de verán, e responsabilizan ao goberno galego “da precariedade na atención primaria na bisbarra redondelá”.

O colpaso dos Centros de Saúde de Redondela e Chapela, que está a motivar protestas dos profesionais santarios desde hai meses, agravouse nos meses de verán. Denuncia o BNG que o servizo está “conxestionado” pola falta de medios. En ocasións as citas ordinarias para a atención primaria “dilátanse ata quince días”. Isto provoca que os veciños “cheguen a colapsar os servizos de urxencias, ou mesmo a acudir directamente ao Hospital Álvaro Cunqueiro”. A situación non afecta só aos veciños de Redondela, xa que o centro de saúde da vila exerce de Punto de Atención Continuada de referencia para os veciños de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Outra das carencias do servizo é a falta de matrona que atende nos centros de Redondela e Chapela. Alertan que a baixa desta especialista “non se cubrirá, como mínimo, ata mediados de setembro”.
Desde o BNG poñen en valor “a profesionalidade” do persoal sanitario do Sergas, “que mitiga en parte o deterioro da sanidade pública malia a súa precariedade laboral”. O grupo nacionalista fai un chamamento á cidadanía, ao entender que “a presión social en defensa da sanidade pública, é o camiño para solventar este deterioro, sumándose a todas as mobilizacións e iniciativas que sexan necesarias para mellorar a atención sanitaria”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará