Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela dá un “xiro” ao Entroido de Verán cunha festa “inclusiva, familiar e igualitaria”

RR_Noticias

O novo goberno local prepara unha nova edición deste entroido, que se celebrará o sábado 24 de agosto, cun programa centrado nos veciños de Redondela e cunha vintena de actuacións desde as 12.00 do mediodía e ata a media noite. Os espectáculos repartiranse por toda a vila e haberá obradoiros e deporte, maquillaxe, danza e grafiti para a mocidade.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, presentaron a programación do Entroido de Verán 2019, cun amplo abano de actividades e espectáculos para todos os públicos. O obxectivo do actual goberno local é dar “un cambio” a esta multitudinaria celebración, cunha oferta lúdica e cultural “que non fomente o botellón”. Para iso Boullosa explicou que se trata dun entroido “máis infantil e familiar”, con actividades que comezan xa ás 12.00 horas. Paco Nogueiras, A Gramola Gominola, As Maimiñas ou Uxía Lambona e a Banda Molona son algunhas das atractivas propostas para o público máis miúdo, con artistas do país e música en galego. As actuacións repartiranse por toda a vila, en escenarios como a Alameda Castelao, a pista da Xunqueira, a praza da Casa da Torre,a pista da Petanca ou o palco da Ribeira, ademais de actividades itinerantes que percorrerán as diferentes rúas. O rock chegará co grupo local Chaleco Reflectante, ademais das actuacións “bravú” de O Collón de Lola, que percorrerá os éxitos do Xabarín Club, varios DJ picarán música ao longo da xornada, e pecharán a noite The Teta´s Van e os portugueses Throes and de Shine no palco da Ribeira. Outra das novidades desta edición é o programa deseñado pola Concellaría de Igualdade, que dirixe a alcaldesa, e que inclúe un grupo de batucada integramente feminino, ademais da participación de DJs mulleres. Rivas e Boullosa explicaron que o obxectivo deste Entroido de Verán é fuxir do modelo anterior, e tentar “na medida do posible” eliminar o botellón das rúas. Rivas advertía que non será doado e que non está nas súas mans “facer milagres”, pero sinalou o obxectivo do goberno local é “non fomentalo”. Outro dos obxectivos desta edición é fomentar “aos artistas locais e da bisbarra”, que son moitos e con propostas “de gran calidade”. Outros dos cambios no programa é a eliminación da Gala Drag Queen. Rivas explicou que nesta festa darán “visibilidade” a todos os colectivos, e será “inclusiva e diversa”, pero sen o concurso que se viña realizando nos últimos anos. No seu lugar haberá espectáculos como “Holly”, de animación multicolor, ou o Arco da Vella, de diversidade musical. Obradoiros para a mocidade Haberá ademais obradoiros, non só para os máis pequenos con maquillaxe, peiteados e máscaras, senón tamén para os mozos, rapazada de entre os 12 e 16 anos que poderán participar “en actividades atractivas e apropiada para esas idades como obradoiros de grafiti, baloncesto ou danza moderna. Exposición fotográfica Desde o luns, 19 de agosto, ata o sábado 25, poderá verse a mostra fotográfica “Entroido en Redondela. Unha pequena gran historia. Parte I”, en varios paneis dixitais das rúas Alfonso XII e Avda. de Vigo.

Daniel Boullosa concelleiro de Cultura
Redondela dá un "xiro" ao Entroido de Verán cunha festa "inclusiva familiar e igualitaria".
Digna Rivas alcaldesa
O Entroido de Verán estará máis enfocado aos veciños de Redondela e promocionará os grupos locais e da bisbarra.
Evitar o botellón
A programación que ofrece o Concello está dirixida "a non fomentar o botellón".
Cambios no programa
Queren fomentar "aos artistas locais e da bisbarra" que son moitos e con propostas "de gran calidade".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará