Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plan de “urxencia e provisional” para permitir o acceso ao novo CEIP Igrexa ao comezo do curso

RR_Noticias

A menos dun mes para que dea comezo o curso 2019-20, o Concello de Redondela puxo en marcha “un plan de urxencia e provisional” para mellorar os accesos ao novo centro e garantir o funcionamento do trasporte escolar. O goberno local cualifica de “irresponsabilidade” a actuación do anterior executivo do PP “que tiña paralizados todos os trámites de competencia municipal dende 2018”.

O Concello de Redondela acometerá un “Plan de Urxencia” para permitir que o novo colexio Igrexa de Chapela poida comezar con normalidade o curso escolar. A alcaldesa, Digna Rivas, denuncia que por parte do anterior goberno local “toda a tramitación precisa para realizar o novo acceso, de competencia municipal, levaba paralizada dende o 2018 sen informar a ninguén desta circunstancia”. Agora, ante o inminente arranque do curso escolar, o Concello vai adoptar medidas provisionais “e de urxencia” que permitan o acceso do transporte escolar e o normal comezo das aulas no mes de setembro. Para iso, a próxima semana faranse probas de accesibilidade con microbuses, “para, chegado o momento, e de xeito provisorio utilizar varios microbuses en lugar de dous microbuses e un autobús que era o que se tiña previsto por parte da Xunta”. Na mesma liña e coa intención de facilitar o acceso de vehículos particulares, o Concello procede á mellora do firme e ao limpado das beiravías, traballos que se están facendo esta semana, de cara a mellorar a accesibilidade ao centro. En todo caso, Rivas advertiu que por parte do seu goberno “iniciaránse de inmediato todos os procedementos precisos para solucionar definitivamente este problema”, solución que pasa por ensanchar o vial de acceso desde a N-552, a Subida a Buraca e Subida a Maceiras. Para iso tramitarán unha modificación de usos, licitarán a obra, e iniciarán un proceso de expropiacións. O Concello debe facer a correspondente dotación orzamentaria, un procedemento que segundo a alcaldesa “o anterior Goberno do PP aseguraba que estaban en marcha cando o certo é que estaban totalmente paralizado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará