Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos roteiros para coñecer en vivo a arte do xeito e o marisqueo con Amarturmar

RR_Noticias

A asociación, adicada ao turismo mariñeiro, pon en marcha este mes de agosto novas actividades como “Ruta do xeito”, a primeira a nivel estatal para dar a coñecer aos visitantes a pesca da sardiña e a xouba con esta arte. Tamén organizan roteiros para vivir o marisqueo a pé ou a flote, co obxectivo de promocionar a cultura mariñeira ao tempo que coidan o medio e garanten o equilibrio e a sustentabilidade das especies.

Amarturmar naceu hai uns meses, e xa forman parte da asociación unha ducia de persoas (10 mariscadoras e 2 mariñeiros) da confraria de Redondela. As actividades que organizan están dirixidas a todo tipo de colectivos, familias, asociación, particulares, colexios, e tamén de todas as idades e procedencias.
Ruta nocturna do xeito
Este mes de agosto teñen varias saídas programadas para dar a coñecer a captura da sardiña e xouba coa arte do xeito, trátase da primeira a nivel estatal en amosar a labor dunha arte “moi selectiva”. Os participantes poderán ser “mariñeiros por un día”. Desde Amarturmar advirten que esta pesca está sometida a unha cota de capturas, polo que no momento en que se agote o cupo non se poderán facer máis rutas ata o próximo ano. Esta ruta é nocturna de 22:00 a 00:00 horas cun prezo de 20 euros por persoa. Hai confirmadas saídas os días 8, 9, 23 e 30 de agosto con prazas dispoñibles.
Vive o marisqueo a flote
Os días 8, 9, 22, 26 e 27 de agosto farán saídas para vivir de primeira man a experiencia de capturar as distintas especies de moluscos dende un barco na contorna da enseada de San Simón. Os participantes poderán aprender a diferenciar os bivalvos que se extraen na zona e as artes de pesca tradicionais ultilizadas. Esta ruta ten un custe de 15 euros.
Rura con mariscadoras a pé
A primeira saída será este xoves, día 8 de agosto, e desde Amarturmar ofrecen tamén dispoñibilidade calquera día para facer esta ruta, tendo en conta os horarios das mareas. Nesta visita os participantes coñecerán a importancia do marisqueo na enseada de San Simón, poderán diferenciar as especies e ferramentas utilizadas polas traballadoras de Cesantes, dende a extracción e captura das ameixas, as súas medidas e como chega á lonxa para ser subastada. Ten un custe de 8 euros por persoa, os nenos ata 6 anos de balde. Esta ruta pode completarse cunha visita á depuradora Mariscos Inés para ver o proceso de depuración e trazabilidade do producto, cun preao de 5 euros por persoa.
Na páxina web www.turismomarinero.org está dispoñible o calendario das rutas programadas. Tamén poden informarse no teléfono 621 020 775.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará