Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Máis Kaiak” na praia e no río dentro da programación de verán do Concello de Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior pon en marcha este mes de agosto o programa “Máis Kaiak”, co que se porá a disposición de todos os veciños e visiantes un servizo de aluguer de kaiak de mar na praia de Arcade e tamén na praia fluvial de Comboa,no río Verdugo.

Esta actividade, que conta coa colaboración do Club Náutico Arcade, farase en horario de 12.00 a 14.00 horas polas mañáns e de 16.30 a 19.30 horas polas tardes. Ata o próximo 18 de agosto poden alugarse os kaiaks na praia de Arcade. A semana do 19 ao 25 de agosto a actividade desprázase á praia fluvial de Comboa, para regresar na última semana do mes á praia de Arcade (do 26 de agosto ao 1 de setembro). O prezo, por media hora de aluguer, é de tan só 1 euro para os empadroados en Soutomaior e 2 euros para os que non o estean. Desde a organización advirten que no caso dos nenos menores de idade, deben de estar acompañados por un adulto responsable, malia que estarán dispoñibles monitores que poderán acampañalos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará