Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares Javier Bas e Julio Mougán abandonan a corporación municipal

RR_Noticias

O que fora alcalde de Redondela nos últimos oito anos xa anunciara días atrás a súa decisión de renunciar a súa acta de concelleiro “por motivos laborais” unha vez que retomou a súa actividade en Abanca. Unha baixa á que se suma tamén a do que fora edil de deportes nos últimos anos, Julio Mougán. A renuncia farase efectiva no pleno municipal que se celebra este mércores ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Previsiblemente ocuparán os seus asentos na oposición Erminda Quelle e David Muiños, que ocuparan o número dez e once na lista que o PP presentou aos pasados comicios.

A actividade política pecha este mes cun pleno ordinario que se celebrará o vindeiro mércores ás 20:30 horas. Unha sesión na que se abordarán cuestións pendentes do pleno organizativo como son as asignacións económicas ás que terá dereito cada un dos grupos políticos con representación na corporación municipal, así como a creación e retribución do posto de confianza que desenvolverá as funcións de coordinador/a de concelleiros.
Un pleno no que causarán baixa dous concelleiros da oposición. Concretamente abandona a corporación o exalcalde Javier Bas, quen xa anunciara a súa decisión de apartarse da política renunciando tanto a súa acta de concelleiro como a presidir o PP local por “motivos laborais”. Con todo, non é esta a única renuncia nas filas populares, xa que tamén o ex concelleiro de deportes e xuventude, Julio Mougán fará oficial a súa renuncia nesta sesión. Uns asentos que previsiblemente será ocupados por Herminda Quelle e David Muñoz, quen ocuparan os postos dez e once nas listas electorais. Un PP na oposición cheo de caras novas respecto do anterior mandato, xa que só repiten Carmen Amoedo, Mª José Barciela e Miguel Angel Ballesteros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará