Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas sobre alzhéimer e óptica en Fornelos

RR_Noticias

O Concello de Fornelos recibe este luns 29 e mañá martes 30 a visita da unidade móbil da RedMay, un programa un programa da Xunta de Galicia, a Unión Europea, a Universidade de Vigo e a Cámara Municipal de Braga que leva a domicilio servizos gratuítos de oftalmoloxía, podoloxía, atención ao alzhéimer e apoio ás persoas maiores que viven en parroquias rurais.

Unha iniciativa que arrancaba a principio de xuño e que leva esta unidade móbil a un total de 20 municipio rurais de Galicia, entre eles o de Fornelosde Montes.
Nestas unidade móbiles desprázanse un podólogo, un óptico optometrista, un técnico titulado en atención a persoas con alzhéimer e un graduado en traballo social. Estará operativos en horario de tarde, entre as 16:00 e as 18:00 horas e está orientado principalmetne a persoas maiores de 55 anos, malia que dende o concello fan un chamamento a que acudan a esta actividade todos aqueles que teña nao seu cargo persoas maiores, pero tamén para os que poidan toparse con este problema no futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará