Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres aprenden defensa persoal

RR_Noticias

Dende inicio de mes o Multiúsos de Chapela e máis o centro sociocomunitario de Redondela acollen un taller de defensa persoal que achega ás participantes as pautas básicas de cara a como reaccionar ante unha eventual agresión. Unha actividades dirixida prioritariamente a mulleres pero á que se sumaron tamén homes interesados en coñecer esta técnica. A actividade continuará no mes de agosto en Redondela e xa de cara a outubro podería converterse nunha proposta permanente tamén durante todo o ano.

Uns talleres intensivos que aprenden as participantes exercicios sinxelos e doados de aplicar ante unha eventual agresión e que arrancaron coa idea de que se inscribiran exclusivamente mulleres. Con todo, a demanda fixo cambiar de idea “eran moitas as mulleres que chegaban acompañadas dos seus fillos que tamén estaban interesados en coñecer esta técnica” explica o monitor do curso Fran Tilve, polo que decidiron abrir a proposta a todos os públicos. Unha iniciativa que propón facer deporte, non deixar o exercicio físico neste tempo de verán e proporcionar aos participantes unha maior seguridade ao contar cun mínimo adestramento de cómo reacción ante unha agresión. Con todo, explica Tilve que é unha aprendizaxe constante que non se pode reducir a dous meses, polo que confían en poñer en marcha a actividade novamente a partir de outubro xa de xeito permanente. Polo de agora, as persoas interesadas aínda están a tempo de inscribirse no curso de agosto. Máis información no teléfono  659 757963 ou no centro sociocomunitario.  

Fran Tilve adestrador
Un curso para aprender a defenderse
Mulleres e homes
dirixido incialmente a mulleres foron sumándose tamén homes
Curso anual
O obxectivo é establecer a actividade todo o ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará