Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día de Galicia cun concerto de Treixadura

RR_Noticias

O paseo marítimo de Chapela acolle este mércores 24 unha actuación enmarcada na programación cultural do Concello e que serve para conmemorar a celebración do día de Galicia. Un concerto de balde que arrancará ás 22:00 horas e que permitirá escoitar os temas desta formación tradicional cuxo periplo musical arrancara xa no 1990. O propio 25 de xullo as actividades programadas por Normalización Lingüística inclúen un concerto de Xoana Veiga unha vez remate o acto institucional previsto para s 20:30 na Alameda de Castelao.

Logo de case 30 anos, Treixadura é todo un referente no panorama da música tradicional, uns anos nos que o grupo foi transformando o seu estilo pero sen renunciar ao seu son característico.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
“Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional” segundo eles mesmo confesan.
Case tres décadas de gravacións e concertos, 7 discos no mercado, o últimos dos cales leva por nome Inda canto! e cuxos temas protagonizarán boa parte do concerto de mañá mércores.
Ademais, o día 25 de xullo haberá outro acto na Alameda de Castelao. Desta volta, ás 20:30 participarán as pandeireteiras de Trasmañó, un conxunto de crianzas que lerán textos de intelectuais galeguistas e unha intervención de representantes do Goberno local, que farán unha ofrenda floral. Posteriormente, arredor das 21:30 haberá un concerto da cantante Xoana Veiga, unhas das voces revelación da música galega, que ofrecerá pezas de jazz, funky e reggae.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará