Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira prepárase para vivir a súa XLV edición

RR_Noticias

Todo está a punto para que os amantes do fútbol sala vivan un ano máis o tradicional Mundialito da Xunqueira. A organización agarda que máis de 30 equipos participen neste torneo, repetindo así a participación do pasado ano. A inscrición está aberta ata o vindeiro xoves 27 nas categorías senior e cadetes, tanto masculina como feminina. O torneo disputarase entre o 1 e o 27 de xullo.

Son xa 45 os mundialitos que se levan celebrando en Redondela con apoio de grandes e cativos que ano tras anos enchen a pista da Xunqueira pero tamén as bancadas de xogadores e público que non se cansa desta competición deportiva de verán. Varias xeracións veñen organizando e participando ano tras ano neste Mundialito organizado dende o Club de Futbol Sala de Redondela e que agarda superar os 30 equipos participantes, entre os que confían que haxa tamén representación feminina.
 O prezo da inscrición para os equipos senior é de 60 euros máis sete euros por xogador, na categoría cadete só haberá que abonar os sete euros correspondentes a cada un dos xogadores inscritos. As inscricións poden facerse no teléfono 610 251 417, no Bar Rivas e na Tasca de Mucha, como data límite este xoves día 27.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará