Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento urbano en Redondela no mes de agosto

RR_Noticias

A Concellaría de Xuventude abre este xoves 27 de xuño até o 4 de xullo o prazo de inscrición para participar no catro quendas dos Campamentos Urbanos que levarán a cabo nas semanas de agosto. Terán lugar na Alameda de Redondela, na zona do palco de música, e está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos incluíndo os menores que cumpran as citadas idades dentro do período solicitado como preferente. Ofértanse 30 prazas por semana.

As actividades desenvolveranse entre os días 5 a 31 de agosto de luns a venres en horario de 9:00 da mañá ás dúas do mediodía.
As prazas adxudicaranse por orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello, dándose preferencia aos participantes cuxo nai, pai, titor ou persoa responsable estea empadroado no Concello de Redondela cunha antigüidade de como mínimo un ano.
A distribución de participantes entre quendas realizarase atendendo ás preferencias marcada na solicitude.
Os interesados e interesadas poden descargar o formulario de inscrición dende a web do Concello de Redondela -www.redondela.gal- onde tamén poderán consultar as normas polas que se rexerá esta actividade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará