Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gerard Alemany e Andrea de la Hera proclámanse gañadores da Batalla de Rande

RR_Noticias

A VIII Edición da travesía a nado Batalla de Rande-Trofeo Carlos Conde completouse con éxito coa vitoria do catalán Gerard Alemany cun crono de 05:51.45. Na categoría feminina a vencedora foi a biscaíña Andrea de la Hera cun tempo de 06:27.23. Gerard dominou a proba desde o inicio e cun ritmo sensacional quedou a 10 minutos de bater o record cunha ría de Vigo moi benigna durante toda a mañá pero que puxo a proba aos nadadores a medida que pasaba a tarde e que o vento cobraba protagonismo. Dos cen nadadores que tomaron a saída, 14 víronse obrigados a abandonar, doce deles con síntomas de hipotermia.

Por detrás de Gerard chegaba á  meta outro dos nadadores do grupo Batalla Guillermo Matas (06:21.08) seguido de preto do primeiro nadador do grupo azul, o vigués Adrián Bouza que cun crono de 06:22.50 era o mellor no sistema tradicional de competición da batalla, con paradas obrigatorias nos 4 primeiros avituallamientos. Detrás de Adrián chegaba Andrea de la Hera que con algúns problemas durante toda a xornada non puido finalmente pelexar pola vitoria en categoría absoluta. A segunda muller en chegar á meta e a primeira no formato tradicional da batalla foi a malagueña Estíbaliz Pérez cun rexistro de 06:55.29.
O primeiro nadador sen neopreno foi Sergio Andrés Ortega (06:44.01) na 14ª posición. Destacar tamén a 6ª posición de Carmelo Santana (sofre unha amputación parcial do seu membro inferior esquerdo) que completou os 27 quilómetros de percorrido cun crono de 06:28.40. O brasileiro José Eduardo do Amaral Ferreira foi o 12º en chegar á meta cun rexistro de 06:44.18. O norteamericano Ned Denison (04:56.56) completou aos seus 61 anos o seu 50 maratón no posto 46 e a italiana Sabrina Perón completo o reto da batalla no posto 69 da clasificación xeral  cun crono de 08:32.51.
Finalmente tomaron a saída un total de 100 nadadores dos que 14 abandonaron antes de completar o percorrido, 12 deles con síntomas de hipotermia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará