Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de nadadores participan na Batalla de Rande máis internacional

RR_Noticias

A VIII Edición da travesía a nado Batalla de Rande-Trofeo Carlos Conde disputarase mañá sábado, día 22, cun total de 101 nadadores procedentes de 11 países. Estrearanse en augas da ría de Vigo deportistas procedentes de Brasil, Italia ou a India, que terán que cruzar os 27 quilómetros que separan as illas Cíes de San Simón.

Un total de 101 nadadores, dos que 10 son mulleres, participan nesta espectacular e esixente proba, na que estarán acompañados por preto de 200 persoas que conforman a organización do evento. Nesta edición a marea tamén ofrecerá aos participantes o agasallo de poder celebrar a cea e acto de entrega de trofeos na propia Illa de San Simón. Os deportistas viaxarán en barco até Cíes, para logo atravesar de volta a Ría de Vigo até a illa de San Simón nadando. Unha das novidades na edición deste ano é a creación do grupo “Batalla”, no que os máis atrevidos afrontarán o mesmo percorrido pero sen ter parar nos puntos de avituallamiento ou control. Os cataláns Gerard Alemany e Guillermo Matas xunto á biscaíña Andrea De la Hera serán o tres protagonistas desta nova categoría. Ás 9.00 horas sairá o primeiro grupo de nadadores desde Cíes, o último farao ás 10.40 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará