Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas sobre a decisión de non acudir á procesión “o meu deber é cumprir os mandatos plenarios”

RR_Noticias

A alcaldesa nega ningún tipo de polémica en torno a un tema que está a provocar moitas reaccións de veciños e veciñas e insiste en que a súa decisión responde ao seu deber de acatar os acordos que se adopten nos plenos, lembrando que fora xa no 2015 canto todos os grupos da oposición naquel momento (PSOE, AER, BNG e Redondela Pode) aprobaran a proposta da Agrupación de Electores de non acudir aos actos relixiosos en nome das institucións.

Engade que dende o primeiro momento “o PSOE sabía que existía ese acordo que debiamos respectar, fora ou non unha esixencia doutros partidos para negociar a investidura”. “Nós respectamos os acordos plenarios aínda que outros non o fagan” engadía en referencia a que dende o 2015 tanto o alcalde como os concelleiros do PP seguiran representando ao concello nas procesións. Unha procesión que se celebra este xoves enmarcada dentro da programación das Festas da Coca que arrancan esta tarde cun concerto ás 19:30 horas a cargo da orquestra de saxos e a posterior lectura do pregón a cargo da escritora Dossy Diomaher. Un acto que incluirá un recoñecemento ás alfombristas Susana Ricón e Mercedes Mouriño, o relevo das penlas e verbena coa Orquestra Olimpus no Campo da Feira a partir das 22:00 horas. As celebracións do xoves festivo están marcadas polas citas relixiosas con procesión polas rúas decoradas con alfombras acompañada pola Banda de Música municipal de Redondela e o baile homenaxe da Danza das Espadas e as Penlas na praza da Constitución ás 13:00 horas. Un festivo que nos deixa citas deportivas con balonmán na Pista da Xunqueira e na Alameda e verbena coa orquestra Pasarela.    

Digna Rivas alcaldesa
Unha decisión que responde a un acordo plenario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará