Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Alexandre Grande publica o primeiro libro de permacultura en galego

RR_Noticias

“Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor” nace da necesidade de facer unha revisión deste sistema de principios de deseño agrícola, económico, social e político. Ademais de propor ferramentas para converter o noso día a día en sustentable. Grande desmonta mitos e tabús sobre este modelo con experiencias que están en funcionamento en Galicia.

Vinculado á permacultura e a proxectos ecosociais dende hai anos, Alexandre Grande Babarro, vén de plasmar eses coñecementos e experiencias nun libro, editado por Catro Ventos, no que ofrece unha visión global da permacultura dende a súa historia, pasando polos referentes e características, até propor algunhas ferramenta para atallar a crise ecolóxica, social e sistémica mundial, que di, estamos a vivir na actualidade. Un libro para reflexionar sobre a nosa pegada ecolóxica e no que se recolle por primeira vez exemplos que están activos arestora en Galicia como o caso do Ecolectivo en Vigo, a Casa Colorida en Nigrán, ou iniciativas na Estrada, Castro Caldelas ou en As Pontes, onde a través deste sistema se están xestionando cen hectáreas de terreo. Unha obra divulgativa que quere chegar a todo tipo de público para facer reflexionar sobre o modelo actual e as posibilidades de cambio que existen. O chapelán estará presentando “Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor” o domingo, 16 de xuño, ás 13.00 no Ecolectivo en Vigo e o luns 17 na Casa do Libro a partir das 19.30 horas.  

Alexandre Grande libro
O rendondelán fálanos do que atoparemos neste libro
Experiencias en Galicia
Vigo Nigrán As Pontes son algunhas das iniciativas de permacultura que se están a levar a cabo na actualidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará