Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e BNG pactan un acordo de investidura

RR_Noticias

O apoio dos dous concelleiros do BNG a un goberno liderado por Rivas está garantido unha vez que o PSOE aceptou unha batería de medidas que foron acordadas pola Asemblea Local da formación nacionalista. Un acordo que garante aos socialistas contar co apoio de nove concelleiros na sesión de investidura do sábado. Con todo, eses apoios non son suficientes e a formación dun goberno alternativo ao PP segue pendente do que decidan en AER. O Bloque deixa no aire a decisión de entrar a formar parte do futuro goberno no caso de que finalmente o PSOE ocupe a alcaldía.

“O BNG cumpre así o seu compromiso mantido durante a campaña de non facilitar nin por activa nin por pasiva un goberno do PP” explicaba Cecilia Pérez Orge, integrante da comisión negociadora que estes días estívose a reunir co PSOE de cara a acadar un acordo que posibilite a investidura de Digna Rivas. Un acordo que se concretaba onte unha vez que as propostas presentadas polo Bloque foron aceptadas na súa totalidade polo PSOE. En total doce puntos nos que se establecen compromisos tan concretos como trasladar as oficinas de Servizos Sociais ás novas instalacións da urbanización de Regojo nun prazo de seis meses, aprobar o Plan Xeral neste mandato, presentar os orzamentos antes do 31 de decembro e non privatizar ningún dos servizos que actualmente está a prestar o Concello. Un documento que inclúe tamén propostas como desistir da presenza institucional de representantes municipais en manifestacións relixiosas, evitar inxerencias de calquera persoa allea á corporación ante os traballadores do Concello, a posta en marcha dunha comisión de seguimento do acordo de investidura e contar cun representante na Área Metropolitana. Insistía Xoán Carlos González que este acordo de investidura non significa un cheque en branco para o PSOE “terán que negociar con nós cando queiran chegar a acordos puntuais como organización autónoma e soberana que somos”. Sobre a posibilidade de entrar ou non nun futuro goberno liderado por Rivas apuntan que “todo dependerá de negociacións posteriores que se desenvolverán en base a cuestións programáticas”.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Confirma o acordo de investidura
Pacto de goberno
Condicionan entrar ou non non futuro goberno a negociacións posteriores
Xoán Carlos González BNG
Unha batería de doce puntos entre elas non asistir a actos relixiosos en nome do concello
Propostas concretas
O PXOM e o traslado de servizos Soicais son lagúns dos puntos esixidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará