Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os irmáns Montes son celestes

RR_Noticias

Jacobo e Marcos Montes relevan a Rubén Albés á fronte do Celta B, logo dos éxitos colleitados no Coruxo. Os redondeláns, que foron técnicos do Choco, finalizaban contrato co equipo vigués e declinaron a proposta de renovación. O Celta seguía o seu traballo no Vao e xa hai tempo que aparecían como favoritos para ocupar o banco de Barreiro.

O Celta está a reestruturar as súas categorías inferiores, e vén de informar que Jacobo Montes, co seu irmán Marcos como axudante, será o adestrador do filial a próxima tempada en substitución de Rubén Albés, que deixa o club para fichar poloUCAM Murcia, tamén de Segunda B. Os técnicos de Redondela pasaron tamén polo banco do C.D. Choco. En 2015 Jacobo fíxose cargo do equipo cunha brillante tempada en Terceira, disputando o playoff de ascenso. Logo fíxose cargo do Alondras. No banco do Choco colleu o relevo o seu irmán Marcos, que estivo á fronte do equipo de Terceira ata que deu o salto ao Coruxo como axudante do seu irmán no tramo final da campaña 2017/18. Conseguiron salvar ao equipo vigués e nesta última temporada os Montes dirixiron o banco do Vao desde o principio, e acadaron unha cómoda permanencia na Segunda B, ademais de loitar até a última xornada por clasificarse para a Copa do Rei. Jacobo Montes será agora o encargado de dirixir ao filial celeste. Marcos Montes será o seu segundo no conxunto céltico. Por diante teñen un reto importante porque esta tempada o Celta B vivirá unha importante remodelación na que teñen que dar entrada aos novos xuvenís, que chegaron a semifinais da Copa de Campións e tomar decisións sobre futbolistas que levan tempo no equipo. Logo de sete campañas consecutivas na Segunda División B, o club celeste buscará as prazas de play-off de ascenso á categoría de prata.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará