Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samu e Xian fichan polo Rayo B

RR_Noticias

O equipo madrileño volve pescar en augas galegas, nesta ocasión no C.D. Choco. O Rayo fixouse en dous xogadores do equipo redondelán de Terceira División. Samuel Santos, de 18 anos, e Xian Rodríguez, de 21, xa son xogadores do Rayo Vallecano B.

Como xa fixera nunha operación anterior con Santi Comesaña, do Coruxo, o club de Vallecas volve pescar en augas da ría de Vigo. Agora o Rayo asinou contrato con dous xogadores do C.D. Choco da Terceira División, que xa forman parte do plante do Rayo B. Samuel Santos, de 18 anos, que esta temporada compaxinou a Terceira co Xuvenil Nacional, e que pode xogar tanto de central como de mediocentro defensivo. A tempada pasada xogou no Alondras en División de Honra. Xian González Rodríguez ten 21 anos e suma tres tempadas en Terceira (dúas no C.D. Choco e unha no Céltiga). Xoga de lateral esquerdo, e División de Honra Xuvenil xogou no Val Miñor onde tamén destacaba como como extremo. Desde o club redondelán a directiva despide aos xogadores desexándolle “a mellor das sortes nesta nova aventura” e augurando que este será o principio “dunha carreira de grandes éxitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará