Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pintadas e roubo de donativos na capela da Virxe do Carme de Cesantes

RR_Noticias

A Comisión de Festas do Carme de Cesantes denunciou na policía local os actos vandálicos dos que foi obxecto a capela da Virxe na praia da Punta durante esta fin de semana. Os axentes que acudiron ao lugar comprobaron que se rebentara o candado e que os cartos que había no caixón dos donativos foran subtraídos. Os cristais estaban rotos e con pintadas e no altar no que estaba a virxe colocaran botellas de cervexa.

Malestar entre os devotos da Virxe do Carme de Cesantes logo de que se produciran nesta fin de semana actos vandálicos contra a capela construída na honra da virxe do mariñeiros nesta zona da Punta da praia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará