Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e cine feminista con Paxaretas no Millo Verde

RR_Noticias

A xornada de hoxe tínguese de lila para acoller as actividades que a organización do Millo Verde programa en colaboración co colectivo feminista Paxaretas. Unha programación que inclúe un obradoiro sobre a prostitución, a proxección de catro curtametraxes que abordan este tema e o peche musical a cargo do grupo Flow de Toxo.

No obradoiro impartido ás 19:00 horas abordarase a abolición da prostitución para, de seguido proxectar as curtas “Mente”, “Girls of paradise”, “Escúchame” e “Un oficio como cualquiera”. Pechará a xornada no Espazo Regato a música do grupo de hip hop Flow do toxo, un grupo de mulleres chegadas dende Ponteareas. A xornada de mañá arrancará xa cos concertos de grupos Andoa, Mad Martin Trío e Sete Cuncas, música folk, rockbilly e rorck brabú na xornada na que tradicionalmente arrancaba o Millo Verde, que este anos ampliou a súa programación coa inclusión das sesións cinematográficas que se veñen desenvolvendo dende o pasado domingo.  

Lucía Barreiro Millo Verde
Unha xornada feminista
Tito Acuña Millo Verde
Fálanos da programación do xoves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará