Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a cita de verán do fútbol sala en Chapela

RR_Noticias

O Arealonga FS Chapela organiza o XVI Torneo Chapela 2019 en colaboración co Concello de Redondela. Desenvolverase un ano máis no Pavillón Municipal Manuel González Soto dende o mércores día 12 ata o domingo 23 de xuño.O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de xuño.

O Torneo xa se convertiu nun referente do fútbol sala debido a súa gran participación tanto en equipos femininos como masculinos, e está previsto que preto dun milleiro de xogadores de todas as idades pasen pola pista de Chapela durante os 11 días que dura o toreno. Haberá 11 categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete feminino e masculino, xuvenil, senior feminino, masculino e mixto. Aínda hai prazas en todas as categorías, o prazo para anotarse está aberto ata o sábado, 8 de xuño, e poden facelo no teléfono 662111339.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará