Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oito quilómetros contra o cancro

RR_Noticias

Polo momento son máis de douscentos os inscritos pero o obxectivo é chegar aos cincocentos participantes na II Marcha contra o Cancro que organiza a delegación da asociación en Redondela este domingo. Oito quilómetros de percorrido polo paseo do Val do Maceiras e a Portela, con saída ás dez da mañá do Concello. Actividade saudable e solidaria, que ten unha inscrición (678515646) de cinco euros destinados a financiar á asociación.

O próximo mes de xullo cumpre un ano e as cifras avalan o traballo que está a facer a Asociación Contra o Cancro de Redondela. Sesenta doentes e familiares pasaron pola oficina que teñen no segundo andar do Multiúsos da Xunqueira na procura de asesoramento e axuda só no mes de abril. Psicólogos e unha traballadora social atenden aos pacientes no ámbito da atención social e psicolóxica co fin de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren un cancro e dos seus familiares. Un traballo que complementan con programas específicos como obradoiros de maquillaxe ou desintoxicación tabáquica. Para contribuír ao financiamento destas actividades, que son gratuítas, este domingo, 9 de xuño, organizan a II Carreira contra o Cancro de Redondela, unha actividade saudable coa que queren visibilizar esta enfermidade pero tamén concienciar da importancia do exercizo á hora de previla e afrontala. A marcha partirá ás dez da mañá da praza do Concello e discorrerá polo Paseo do Maceiras e a Portela. Oito quilómetros de percorrido de dificultade media-baixa apta para todas as idades. Todos os participantes recibirán unha camisa como agasallo. A inscrición, que ten un custe de 5 euros, debe facerse no número de teléfono 678515646.

II Marcha contra o cancro
Amparo Alonso a presidenta da asociación en Redondela fálanos da marcha que organizan para o domingo.
O traballo en Redondela
En xullo cumpren un ano en Redondela e as cifras avalan o traballo que están a facer nas oficinas do Multiúsos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará