Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos F.S. xa é de Segunda División B

RR_Noticias

O equipo de Fran Amoedo derrotou onte ao Ribeira F.S., que chegaba a Pazos como líder, e fíxose co título de Liga de Terceira División e, de paso, co ascenso directo a Segunda División B. Peor sorte tivo no fútbol o Arcade, que perdeu ante o R. Castrelos a semifinal na fase de ascenso a Preferente.

Fútbol Sala Terceira División Concello de Begonte 1-0 Campito Os de Chapela remataron a liga cunha derrota en Begonte. O equipo xa está matematicamente descendido desde hai semanas. Pazos 6-3 Ribeira Os de Pazos derrotaron ao Ribeira FS nun partido con remontada incluída e proclamáronse campións de Liga de Terceira División, o que supón o ascenso directo a Segunda División B. Non comezaron ben os de Fran Amoedo, que arrancaron o partido con nervios e moitos erros. Iso permitiulle ao Ribeira poñerse por diante en tan só dez minutos con 0-2 no marcador. Case ao remate da primeira parte un gol de Jonás recortou distancias, e despois do descanso xa se puido ver outro partido. O Pazos demostrou a calidadee o xogo que os levou ao maís alto da táboa esta temporada, e foi superior a un Ribeira que só puido tentar deter os ataques dos pacenses. Un dobrete de Diego e os goles de Alexis e Joni deixaban por diante aos de Amoedo malia o terceiro tanto visitante. No tramo final, o conxunto lucense apostou polo porteiro-xogador e aos locais tocoulle aguantar. O papel de Kuka foi fundamental, que botou por terra todos os intentos do Ribeira. E Luís pechou o marcador no último minuto co 6-3 deninitivo. Agora o club terá que afrontar no eido económico e admistrativo o reto do ascenso, xa que no plano deportivo o traballo está feito. Unha decisión que lle toca á directiva, segundo apuntaba nos micrófonos de Radio Redondela Fran Amoedo, xa antes de disputar esta final. O técnico advirte que a categoría de Segunda B, con longos desprazamentos, é “difícil de asumir economicamente” por un equipo modesto como o Pazos, e que debe ser a directiva a que tome a decisión. Fase de ascenso a Preferente Arcade 0-1 Racing de Castrelos Todo se decidía no Salgueirón despois do empate a un gol no partido de ida no Monte da Mina. E ao final non puido ser, os de Juan Amoedo quedaron ás portas ao perder pola mínima ante o Castrelos. Con todo, gran temporada do equipo, que xa comeza a traballar para a próxima campaña. O Castrelos medirase na final polo ascenso a outro equipo vigués, o Gran Peña, que superou ao Umia por 1-4. Iso que os de Barrantes partían coa vantaxe do resultado da ida en Vigo, onde gañaran por 1-2.

Fran Amoedo adestrador do Pazos F.S.
O técnico advirte que a Segunda B é "difícil de asumir economicamente" e que debe ser a directiva a que tome a decisión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará