Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de 27 anos por tentativa de homicidio en Redondela

RR_Noticias

A Policía nacional explica que os feitos orixináronse cando un veciño da zona da Portela recriminoulle ao condutor dunha furgoneta que estivera realizando “trompos” e aceleróns na zona o que deu lugar a unha discusión que acabou co condutor do vehículo atropelando á vítima. O home, de 27 anos de idade, foi detido logo de ser atopado oculto no interior dunha vivenda na rúa Mendiño.
 

Os feitos producíronse na madrugada do pasado sábado logo de que veciños da Portela alertaranda Policia Local dun atropelo con fuga no lugar. Unha vez alí, os axentes falaron coa vítima, quen lles manifestou que a disputa comezara logo de que lle recriminara ao condutor dun vehículo que baixara o volume da radio e deixara de conducir de xeito temerario. A discusión foi a máis ata que o condutor atropelou á vítima que saíu despedida polo aire.  Metros máis adiante o agora detido deu a volta co obxecto de volver atropelar ao ferido que estaba no chan sendo socorrido por un familiar que logrou evitar un segundo atropelo.
O condutor perdeu o control do vehículo, acabou golpeando a outro que estaba estacionado e fuxindo do lugar.
O axentes puideron seguilo ata a Avenida Mendiño, onde comprobaron que entraba nun dos edificios do barrio de Catapeixe. Finalmente foi localizado debaixo do fregadeiro nunha vivenda próxima, procedendo a súa detención e traslado a dependencias policiais.
Pola súa banda a vítima foi trasladada polo persoal sanitario ao Hospital para ser atendido das lesións que presentaba.
O detido pasou a disposición xudicial logo de comprobarse en comisaría que contaba con 7 antecedentes policiais anteriores.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará