Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca de Chapela sen bibliotecaria dende hai catro meses por baixa da titular

RR_Noticias

O BNG denuncia que dende o Concello non se cubrise a baixa da responsable da biblioteca que se atopa no Multiúsos do Piñeiral do Crego tendo en conta ademais que se trataba dunha baixa anunciada por tratase dun permiso de maternidade. Actualmente está en marcha o proceso de selección para contratar a un substituto.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González considera “inaceptábel que a biblioteca de Chapela careza de persoal durante catro meses” dende que a principios do mes de decembro a súa titular solicitara o permiso de maternidade. Dende a data na que accedeu a esta baixa os usuarios da recentemente nomeada Biblioteca “Xela Arias” carecen de persoal especializado.
Considera o edil do BNG que se  trata “dun novo caso de falla dunha titular dun servizo municipal no que o goberno municipal elude ás súas responsabilidades, en alusión á baixa da psicóloga do CIM que tardou 8 meses en seren substituída.
Para os nacionalistas trátase dunha “deixazón de funcións en toda regra do goberno de Javier Bas, posto que se sabía da antemán do nacemento, e da necesidade de substitución”.
Ante esta situación presentaron un escrito no concello para que se lles explicara cal era o motivo de que non se procedese a substituir a titular do servizo sen ter recibido resposta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará