Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela a obra teatral “Commedia” logo de triunfar nos premios María Casares

RR_Noticias

O público redondelán poderá gozar coa representación de Commedia da Compañía Contra Producións este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha obra baixo a dirección de Cándido Pazó que vén de colleitar tres importantes premios nos María Casares, facéndose coa estatuiña ao mellor vestiario para Suso Montero, mellor actor secundario para Marcos Orsi e Mellor espectáculo.

A Concellaría de Cultura programa para este sábado día 30 de marzo unha auténtica xoia do panorama escénico que celebra 25 anos desde a súa estrea. A compañía Contra Produccións tráenos esta proposta, que recolle toda unha tradición teatral galega moi importante e vólvenos a situar no mundo da ilusión e o fantasioso que o teatro pode chegar a ser.
Esta obra, estreada en 1993, percorreu prazas en toda España, e tamén teatros de Francia e Portugal e chega este sábado ás 20:00 horas ao noso concello con Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta interpretando aos personaxes desta comedia de enredo.
A función será ás 20:00 horas e as entradas xa se atopan á venda ao prezo de 7 e 5 euros, no caso da reducida. Tamén se pode reservar no teléfono: 986 402865.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará