Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Festival Soutopequeno enchendo de cine e música infantil o concello de Soutomaior

RR_Noticias

A primeira edición do certame abre as súas portas a todo o público cunha gala o venres no Multiúsos de Arcade que contará coa presenza do Modulador das ondas, Cé Orquestra Pantasma e Pulpiño Viascón. Música e espectáculos para público infantil dentro dun programa que nos deixará ata o domingo obradoiros, degustacións, música e propostas diversas con 9 compañías artísticas chegadas de varios países e a proxección de 15 curtametraxes de animación seleccionadas de entre as máis de cen películas presentadas a concurso.

A iniciativa, impulsada polo Concello e dirixida por Fernando Carreira Cuchi e Miguel Borines, contará coa participación de 9 compañías artísticas nun certame que xira en torno ao cine de animación e ao que se presentaron máis de 100 curtas. A dirección seleccionou un total de 15 e serán agora os nenos e nenas que asistan ao pases que se farán no multiúsos de Arcade os encargados de elixir a curta gañadora, premiada con 800 euros. Un festival centrado nos máis pequenos e as súas familias co que este concello quere facerse un oco na programación infantil da bisbarra. Un programa que arranca hoxe xoves coa programación escolar pero que se abrirá a todo o público a partir da sesión inaugural do venres, sendo an fin de semana cando se celebre o groso das actividades que inclúe cinema, música, talleres, deporte, alimentación saudable e outras sorpresas. Ademais da proxección das curtametraxes de animación, os pequenos poderán gozar de diversos talleres formativos destinados a fomentar as súas aptitudes artísticas. Así, o festival inclúe a celebración de obradoiros nos que os participantes aprenderán como elaborar os seus propios instrumentos musicais ao estilo dos homes orquestra e a realizar as súas propias curtametraxes de animación utilizando a técnica “stop motion”. Outro dos grandes atractivos desta primeira edición de Soutopequeno será o Encontro de Homes e Mulleres Orquestra, con presenza de músicos chegados desde Arxentina, Italia, Portugal, España e Galicia. Músicos que, ademais da súa participación no festival, amenizarán varias das actividades que levarán a cabo durante ese mesmo fin de semana en Soutomaior, como a carreira infantil da Ostra, que se celebrará o 31 de marzo no Peirao de Arcade. As actividades desenvolveranse en dous escenarios, por unha banda o propio Multiúsos que acollerá as proxección cinematográfica así como a inauguración este venres ás 20:30 horas, e o Peirao de Arcade onde se desenvolverán os concertos principais, o sábado con Uxia Lambona e a Banda Molona e o domingo co espectáculo A verbena da xente miúda coa Pequena e grande Orquestra. O festival contará tamén coa participación dos alumnos do Obradoiro de Hostalería Río Pequeno, que leva a cabo na escola taller de Alxán, e que serán os encargados de elaborar varias degustacións de zumes e aperitivos saudables para concienciar aos participantes sobre as vantaxes de levar unha dieta saudable, especialmente durante os primeiros anos.  

Fernando Carreira Cuchi director do festival
Un programa que se desenvolverá en dous escenarios
A rapazada elixirá o mellor corto
Compiten 15 curtas de animación
Espectáculos musicais
Para todos os públicos
Obradoiros participativos
Stop motion e instrumentos musicais
Agustín Reguera alcalde
Confía en facerse un oco na programación infantil da bisbarra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará