Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía alerta da eliminación no número de axentes que patrullan Redondela

RR_Noticias

O SUP (Sindicato Unificado de Policía) critica a decisión da Xefatura da Comisaría local de Vigo-Redondela de eliminar o actual grupo de radiopatrullas da nosa vila o que fará “que os policías que actualmente patrullan Redondela deixen de facelo o que se traducirá nun empeoramento da seguridade cidadá”.

Explican dende o Sindicato que o actual grupo de Radiopatrulla de Redondela pasará a formar parte da Brigada local de Vigo o que fará que os policía que actualmente patrulla o noso concello deixen de facelo “perdéndose a experiencia e coñecemento da zona, a proximidade cos comerciante e veciños, incrementando o tempo de reacción ante calquera requerimento cidadá ao 091.
A desaparición deste Grupo de Redondela, logo de 20 anos prestando este servizo de xeito ininterrompido, supón que as dotacións Zeta teñan a súa base en Vigo, o que provocará que “haxa momentos do día nos que non estea dispoñible ningún vehículo en Redondela debido aos 16 quilómetros de distancia entre ambos municipios”.
Dende o SUP reclaman que un concello como o de Redondela con 30.000 habitantes merece un servizo de Seguridade Cidadá e de Policía Xudicial estable e ben dimensionado, cunha oficina de denuncias aberta 24horas e outras para a expedición do DNI.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará