Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan os obradoiros de emprego tras formar a 16 alumnos en deseño gráfico e carpintería

RR_Noticias

O alumnados das dúas especialidades eran menores de 30 anos en situación de desemprego que acadan deste xeito a unha formación co obxecto de poder acceder ao mercado laboral. Ademais da formación teórica durante a súa formación realizaron tarefas prácticas sendo unha das actuacións máis salientable a mellora e acondicionamento do paseo peonil da Portela.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xuntos co alcalde Javier Bas e a concelleira Mª Carmen Amoedo participaron no acto de clausura do obradoiro Redemprega, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello, no que se formaron 16 menores de 30 anos nas ramas de deseño gráfico e carpintería.
O representante autonómico salientou o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Neste sentido, emprazou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un posto de traballo”.
En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará