Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas e concertos na rúa para conmemorar a Semana do Piano

RR_Noticias

O Conservatorio de Redondela organiza un intenso programa musical cun protagonista indiscutible: o piano. Durante toda a semana realizaranse charlas e concertos en torno a este instrumento dentro dunha programación que rematará o venres cunha actuación no Multiúsos a cargo dos redondeláns Noemí Salomón e Alberto Vilas. Con esta actividade quérese celebrar a recente adquisición dun piano de cola para o municipio. Nace ademais con vocación de continuidade xa que o obxectivo da directora do Centro, Elisa Arias, e que esta proposta se repita todas as primaveras.

A Semana do Piano arrancaba este luns cun concerto no propio conservatorio e prolongarase ata o vindeiro venres. Hoxe martes a proposta é na rúa, instalarase un piano na Praza da Constitución e a partir das 18:00 horas os que o desexen poderán sentarse ante o instrumento e tocar algunha melodía. O mércores día 27 de marzo a celebración trasládase ao Conservatorio Municipal, onde a artista redondelá Noemí Salomón, que recentemente vén de presentar un disco dedicado ao Mestre Vide, ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público, na que falará da súa experiencia como artista e tamén como docente de música. Na xornada do día 28 farase unha dobre sesión de piano na rúa. Primeiro será o quenda dos máis cativos, cun concerto ás 10:30 no que se interpretará un repertorio cheo de cancións infantís no que participarán os escolares da vila. A partir das 12.00 horas, tocaranse as “canción de sempre”, dedicadas aos nosos maiores coa presenza de persoas da terceira idade dos centros de día de Redondela. Un concerto o venres no Multiúsos a cargo de Noemí Salomón e Alberto Vilas será o encargado de pechar esta I Semana do Piano.  

Elisa Arias directora Conservatorio
Unha semana para conmemorar a adquisición dun piano de cola
Programación
Inclúe concertos charlas e jam sessións
Vocación de continuidade
O obxectivo é repetir a proposta todos os anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará