Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior recibe 4000 persoas nunha fin de semana con recendo a camelia

RR_Noticias

O certame contou coa participación de máis de 40 expositores chegados de toda Galicia e 16 negocios locais que participaron engalanando os seus escaparates. O premio a mellor flor foi para Deolinda Barbosa mentres que a Asociación de veciños de Romariz recibiu o premio á mellor composición artística. Os rapaces do Padín Truiteiro foron galardoados co premio ao mellor traballo escolar.

O XIX Certame e Exposición da Camelia reuniu este fin de semana a máis de 4.000 admiradores desta fermosa flor no regreso do festival ao Castelo de Soutomaior tras as obras de musealización do pasado ano. Esta edición contaba coa participación de máis de 40 expositores instalados por cultivadores de toda Galicia, ademais dos traballos dos escolares do municipio e as composicións instaladas polos comerciantes de Arcade e Soutomaior nos seus establecementos.
A entrega de premios celebrouse na tarde do domingo e contou coa participación do alcalde, Agustín Reguera, quen resaltou a implicación dos veciños e a calidade das composicións deste ano, “auténticas obras de arte floral, tanto pola calidade das composicións como a espectacularidade das flores”.
O xurado estivo composto por membros da Sociedade Española da Camelia e estableceu como premiados pola Mellor Flor a Deolinda Barbosa, como vencedora, Eva Martínez Seoane como segunda clasificada e Mª da Carmen Vidal Franco en terceiro lugar. Como Mellor Composición Artística o primeiro premio foi para a Asociación de Veciños de Romariz, o segundo a Sabela Lorenzo Galiñares e María Teresa Mos Barros como terceira clasificada.
O primeiro premio ao Mellor Traballo Escolar foi para os alumnos do CPI PadinTruiteiro, o 2º Premio para o Santiago Apóstolo e o terceiro premio para os alumnos da Escola Infantil de Romariz.
Do mesmo xeito, a camelia tamén foi a protagonista nas rúas de todo o municipio, onde diversos comerciantes sumáronse á exposición adornando os seus escaparates con imaxinativas composicións florais. A gañadora na categoría de Mellor Flor en Escaparate foi laBoutique infantil Rapaces e o segundo Premio para o Estanco nº1. O premio á Mellor Composición Artística en Escaparate repartiuse entre as dúas parroquias do municipio. A vencedora foi a composición de Costureiras de Arcade e a segunda clasificada a de Alimentación Pancho, de Soutomaior.
Ademais, fíxose entrega do premio especial en honra á fundadora e principal organizadora do concurso, Lelita Gradín, que foi para Fermina Martínez Collazo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará