Hoxe é Venres 30 de Outubro de 2020

Miguel Borines recibe o premio María Casares ao mellor actor protagonista

RR_Noticias

O actor e titiriteiro redondelán, Miguel Borines fíxose onte co máis importante dos premios que concede a escena galega a un actor de teatro. O seu papel na obra Casa O,Rei da compañía Ibuprofeno teatro foi recoñecido co galardón ao mellor actor protagonista. Unha gala organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia que non estivo exenta de polémica xa que por vez primeira nos seus 23 anos non foi retransmitida pola Televisión de Galicia.

Os premios estiveron moi repartidos aínda que destacou con tres galardóns a montaxe Commedia da Compañía Contraproducións. Fíxose co premio ao mellor espectáculo, mellor actor secundario para Marcos Orsi e mellor vestiario. Pola súa banda, Invisibles, de Redrum Teatro, levou outros tres premios: dirección (Marián Bañobre), iluminación (Laura Iturralde) e adaptación-tradución (Santiago Coregoso e Marián Bañobre). Especial referencia para ese galardón ao mellor actor protagonista, o titiriteiro redondelán MIguel Borines pola súa interpretación de Manolo Rei na obra Casa O,Rei, un papel “inesperado” que lle está a dar moitísimas satisfaccións a nivel persoal e profesional e que lle permitiu crecer como actor, segundo el mesmo confesa. Un espectáculo de Ibuprofeno Teatro que se levou tamén o premio de mellor música orixinal polos temas de Caxade. Salientar finalmente o recoñecemento a Iria Pinheiro, que se fixo co premio de actriz protagonista pola obra Anatomía dunha serea, logrando ademais o premio ao mellor texto orixinal xunto con María Lado.  

Miguel Borines actor e titiriteiro
Un galardón inesperado
Un gran papel
Agradece a oportunidade de interpretar a Manolo Rei

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *