Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello coloca trampas contra a avespa velutina en colexios, parques infantís, prazas e praias

RR_Noticias

Logo da retirada de máis de 300 niños de velutinas ao longo do pasado ano, o Concello de Redondela inicia esta semana os traballos de colocación de trampas nunha segunda fase de loita contra a invasión da coñecida como avespa asiática. As medidas de seguridade serán situadas en zonas públicas onde hai maior confluencia de persoas: prazas públicas, colexios, parques infantís e praias.

A primeira fase dos traballos desenvolveuse entre os meses de maio e decembro, nos cales se levou a cabo a retirada de niños de velutina en todas as parroquias. Os traballos foron atendidos por orde de prioridade, sacando en primeiro lugar os máis próximos ás vivendas, ao lados dos colexios e parques infantís. Por último, e xa ven entrados nos meses de outono e inverno, os traballos continuaron as zonas de fincas, montes e regatos lonxe de vivendas.
En total, en 2018 retiráronse máis de 300 niños de velutinas, unha cifra que non deixou de medrar nos últimos anos pasando dos 35 niños retirados no 2015, 100 niños ao anos seguinte, 200 no 2017 ata chegar aos 300 do pasado ano.
Dende a Concellería de Medio Ambiente fan un chamamento á colaboración de todos os veciños para que se poñan en marcha medidas de prevención contra esta especie invasora, especialmente se contan con plantas ou árbores de orixe asiática no seus xardíns, tipo camelia ou palmeiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará