Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG presenta unha lista paritaria “para abandeirar un goberno alternativo ao PP”

RR_Noticias

Os nacionalistas presentarán a súa candidatura nun acto que terá lugar este xoves no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e que contará coa presenza de Ana Pontón. O candidato do BNG á alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, estará acompañado nos primeiros postos por Jessica Garcia, Anxo Lusquiños, Gabriela Álvarez, Pilar Sotelino e Teresa Muiños “un grupo de mulleres e homes, que centrarán todos os seus esforzos en mellorar as condicións de vida dos e das redondeláns”.

Destaca González que son 13 as mulleres que forman parte das 24 persoas que conforman o total da lista. Afirma que o primeiro treito, constitúeo un grupo que xa levan traballando en labores de apoio ao grupo municipal dende hai varios meses. Destaca o  papel desenvolvido por Jessica Garcia, membro do Consello parroquial de Vilar, e do responsable local do BNG, Anxo Lusquiños, veciño do Viso e presidente da ANPA do IES Mendiño quen ocupa o terceiro posto. No número 4 atopamos a unha independente, a veciña de Chapela Gabriela Álvarez e pechan ese tramo inicial da lista Pilar Sotelino de Ventosela e Teresa Muiños de Cedeira.
Unha lista que se presenta ante a veciñanza “como a verdadeira oposición a Javier Bas, unha oposición que defende os intereses dos e das redondeláns por riba de todo e que considera que Redondela está ferida por mor das políticas lesivas dun goberno do PP que ocupa a alcaldía malia estar en minoría”.
Maniféstase enormemente satisfeito o candidato á alcaldía na conformación da candidatura, “polo respaldo e apoio que nos prestaron moitas persoas coa súa presenza” e cuxa presentación pública terá lugar este xoves nun acto aberto á cidadanía no Multiúsos no que contarán coa participación da voceira nacional do BNG, Ana Póntón, ademais das intervencións de María Xosé García, Cecilia Pérez, Jessica García e Xoán Carlos González.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará