Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xurxo Constela imparte unha charla en Estacas sobre os “chozos” achados nesta parroquia

RR_Noticias

O Centro Social de Estacas, en Fornelos de Montes, acolle este venres día 11 ás 18.00 horas a presentación do inventario do patrimonio cultural da parroquia. O acto contará coa presenza como relator do arqueólogo Xurxo Constela, da Citania, que analizará o importante conxunto arqueolóxico descuberto recentemente na zona composto por unha trintena de “chozos”.

Estes chozos presentan unha arquitectura moi particular, xa que lembran a un dolmen, malia que a súa datación é posterior. Para realizalos os seus creadores aproveitaban as rochas e os seus ocos para construír este refuxio.
O elevado número de chozos atopados, aínda por inventariar, fai pensar que se podería tratar incluso dunha aldea.
Ademais, na súa contorna tamén se localizou un “foxo de lobo” dobre ou de converxencia, cunha planta en “w” con dous corredores e dúas trampas, que se atopa en perfecto estado de conservación, ademais de cinco grupos de petróglifos e un antigo neveeiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará